xornadas 2017

Cartaz. 3º encontro da Rede Educación Galega en Transición.

Encontro da Rede Educación galega en transición

do 22 ao 24 de setembro de 2017

no EcoEspazo Casa das árbores, Lugar de Garabelos, Chantada

para máis info

Advertisements
Publicado en educación | Deixar un comentario

O modelo finlandés

Velaí este vídeo extraido da última película de Michael Moore, no que explica como funciona o sistema finlandés de educación sobre o que tantos cacarean- para levar a auga ao seu rego.

Publicado en educación | Deixar un comentario

Faladoiro en Cangas sobre a Educación Pública- 13 de xullo ás 19.30 horas

Desde a “Rede de educación galega en transicion” queremos abrir espazos públicos de debate nos que familias e profesorado podamos compartir reflexión, experiencia e coñecementos acerca da necesaria transformación da escola pública.
O noso obxectivo é difundir os proxectos que nas escolas públicas xa están en funcionamento con metodoloxías distintas á convencional.
As persoas participantes na charla fundamentarán a necesidade de innovación nas aulas, os distintos trámites e fases do proceso de cambio, o amparo legal, os pros e os contras……
Facemos unha chamada especial a profesorado e familias para que constrúamos unha escola pública centrada nos intereses das persoas. Te invitamos a participar no faladoiro que a Rede organiza o 13 de xullo as 19:30 horas no Salón de Plenos do concello de Cangas o 13 de xullo, ás 19.30 horas
Intervirán:
Inés Santa María Otero
Profesora de Secundaria e fundadora da asociación de libre educación O bosque de beni
Mónica Corbacho Varela
Mestra de Pedagoxía Terapéutica nun CEIP de Redondela
Karina Mouriño
Mestra de Infantil na Escola Unitaria de Taboaxe, As Neves
Isabel Campos
Membro da ANPA dun CEIP de Vigo
Sonia Couto
Nai do CEIP do Hío
Prégase difusión – aquí podes descargar o cartel se queres colaborar a que todo o mundo se enterere
Publicado en actividades | Deixar un comentario

Para a reflexión sobre as condicións físicas das escolas

Recentemente apareceron estes dous artigos que abren a reflexión sobre o espazo onde se desenvolve a educación oficial: http://www.elperiodico.com/es/noticias/educacion/escuela-innovadora-colegios-rompen-moldes-arquitectonicos-5185547   – http://www.elperiodico.com/es/noticias/educacion/aula-buenas-condiciones-mejora-rendimiento-alumno-estudio-universidad-salford-5184568

Publicado en educación | Deixar un comentario

Charla de Rosa Conca en Cangas- venres 3 de xuño

SAÚDE INFANTIL E ACOMPANHAMENTO NA INFÂNCIA

Com Rosa Conca
Médica psicóloga biógrafa

Venres 3 de Xunho 17:00
Sala de Plenos do Concelho de Cangas

 

Cartel da conferencia

Publicado en educación | Deixar un comentario

Matemática Activa

cartel mates ECO

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

Rexeitamos as reválidas

Desde o nodo do Morrazo queremos apoiar un ano máis as protestas contra as reválidas de 3º e 6º, que se corresponden cun modelo aducativo cada vez máis alonxado das alternativas que defendemos.

Animamos a todas familias na resistencia contra esta aberración e mostramos o noso apoio ao esforzo d@s mestr@s, das anpas de galiza que se rebelan contra esta nova .

Velaí a carta que as anpas propoñen ás familias para comunicar que @s seus fill@s non van participar nesa trapallada: Seguir lendo

Publicado en educación | Deixar un comentario